A Casa do Cereiro
A Casa do Cereiro é a palleira dunha casa de labranza que corría con ese nome porque había un pequeno obradoiro de ceraría.
A palleira de planta antiga, refeita no 1947, reformouse agora para reconvertela en casa de turismo rural.
Quixemos manter a súa esencia: conservamos as trabes e os pontóns de castiñeiro e carballo, refixemos de novo a varanda de madeira que percorre a parte interior da fachada e construímos dúas paredes exteriores de madeira coa técnica xaponesa do Yakisugi e Kaki para protexelas da intemperie. O resto é pedra, cristal e madeira.
A casa está sombreada por unha viña na súa parte exterior. Hai tamén unha piscina de sal, apta para persoas con sensibilidade na pel e estamos rodeados dunha finca ampla con carballeira para poder percorrer e conectar coa natureza.
A Ceraría. A nosa historia.
A Casa do Cereiro está vinculada ao oficio do meu avó que facía velas, nunha tradición familiar que se remonta 4 xeracións. Percorrían a montaña de A Coruña por diferentes aldeas, chegando mesmo á cidade, para extraer o mel das colmeas. Por facer ese traballo quedábanse coa cera, coa que, xa de volta na casa, facían as velas que vendían para alumear as casas e tamén para eventos e misas. Na ceraría, que conservamos e arranxamos despois de que ardera no 1980, están o nocre, a paila e utensilios (bruñidores, talladeiras…) cos que se fan as velas e algún molde, que se salvou do lume, para facer exvotos. Aos seus 94 anos o cereiro de Lagartóns fixo as derradeiras velas rizadas e deuse conta de que os seus dedos xa non lle respondían.
O nome da casa é unha homenaxe a el e á miña avoa que, incansable, axudou a manter a ceraría en pé. Os dous gardaron a memoria dun mundo xa desaparecido e que mostra como era a vida e os
traballos na Galiza rural.
A Cerería
A nosa historia, os nosos inicios
24 Years Of Warm Welcome...
Aliquam suscipit felis a arcu laoreet congue. Fusce porta euismod magna, eu vehicula tellus feugiat ac.
Servizos

Smart tv

Secador

Wi-Fi

Climatización

Almorzo

Comedor

Piscina

Grella

Aparcamento

Punto de carga
5 Habitacións
5 Baños
Comedor
Piscina
Adaptabilidade
Sala
Biblioteca
A Ceraría
Localización e entorno
A Casa do Cereiro está situada nunha zona privilexiada, a menos de 2 quilómetros do centro do pobo da Estrada, con tódalas súas comodidades; e a 20 quilómetros de Santiago de Compostela.
Está arrodeada de innumerables puntos de interese turístico, como mosteiros, castros ou praias fluviais; que podes descobrir nesta guía.
Habitacións
Todos os nosos cuartos están climatizados (con calefacción e refrixeración), teñen conexión wifi e smart tv, son sinxelos e acolledores; e convidan a descansar.
Son cuartos dobres, con roupa de cama de algodón 100% e pé de cama elaborado artesanalmente; teñen balcón exterior con cortinas de liño e persianas escurecedoras.
$ 125 / Night
Cuarto do Outón
Habitación dobre con cama de matrimonio e baño privado.
$ 255 / Night
Cuarto do Pozo
Habitación dobre con 2 camas individuais de 80 cm. que se unen nunha dobre de 1,60 cm. Baño privado.
$ 375 / Night
Cuarto da Vila
Habitación dobre con cama de matrimonio e baño privado.
$ 425 / Night
Cuarto dos Freixos
$ 125 / Night
Cuarto da Lúa
Habitación dobre con baño privado, adaptada aos estándares de mobilidade reducida. Está situada na planta baixa.
Onde estamos
Pregúntanos
Si tes calquera dúbida ou consulta sobre a casa, podes poñerte en contacto con nós a través deste formulario ou chamándonos (ou enviando WhatsApp) ao 628 510 819







































































